Edición facsímil do libro galego máis reeditado e traducido de todo o século XX. Incorpora as fotografías de García Lorca en Galicia. Nunha edición ao coidado de Henrique Alvarellos.Federico García Lorca foi un gran embaixador da cultura galega. A única lingua na que decidiu escribir, ademais do seu...
Edición facsímil do libro galego máis reeditado e traducido de todo o século XX. Incorpora as fotografías de García Lorca en Galicia. Nunha edición ao coidado de Henrique Alvarellos. Federico García Lorca foi un gran embaixador da cultura galega. A única lingua na que decidiu escribir, ademais do seu castelán natal, foi a galega. A primeIra edición dos Seis poemas galegos saíu da imprenta de Ánxel Casal en Santiago de Compostela en decembro de 1935, oito meses antes do asasinato do gran poeta granadino. A tiraxe apenas superaba ous douscentos exemplares e foron moi poucos os que sobreviviron ao saqueo dos fascistas en agosto do 36. Non obstante, os poemas galegos de Lorca serían rspidamente incorporados ás súas obras completas e reeditados e traducidos durante este tempo por todo o mundo. Hoxe constitúen o libro en galego máis difundido do século XX. A presente edición facsimilar reproduce fielmente un de aqueles contados exemplares de 1935. Respeta, por un lado, o deseño, formato e papel orixinais da editorial Nós; por outro, incorpora, como un singular apéndice gráfico, as fotografías comentadas de García Lorca en Galicia, imaxes de 1916 e 1932 obtidas na terra onde el se sentía “poeta galego... poeta da alta herba, da chuvia alta e pausada”.
Subscriu-te al nostre butlletí
Subscriu-te i rebràs totes les nostres novetats. Cero SPAM, només continguts de valor.